Epílogo
A Federación ASPACE Castelán Leonesa, co apoio incondicional de traballadores, usuarios, e familiares das persoas afectadas por Parálise Cerebral, propón unha serie de consellos prácticos para relacionarse con estas persoas:
● Pregúntalle directamente como quere ser axudado.
● Fálalle de fronte, camiña ao seu lado e ao seu paso.
● Atende á súa forma de comunicarse.
● Escoita, dálle tempo. Se non entendes, pregunta.
●Diríxete á persoa afectada, non ao seu acompañante.
● Déixalle tomar as súas propias decisións.
● Non te sintas mal se rexeita o teu apoio. Déixallo facer.
● Pensaches “que pode facer esta persoa por min”?.
● Non lle crees falsas expectativas.
En reunión de traballo con algúns usuarios de ASPACE aportáronse as seguintes propostas en relación a como queren ser tratados:
● Pregúntame antes de darme axuda, poida que non a necesite ou non a queira.
● Míranos como mirarías a unha persoa sen trastorno, non somos diferentes. Non te quedes mirando como un idiota, porque iso é o que pensaremos de ti.
● No canto dunha mirada descarada ofréceme un sorriso, verás o que a xente che devolve.
● Esfórzate por entender aos demais, se unha persoa non fala ben, non quere dicir que non entenda ou que non poida comunicarse ou expresarse. A súa comunicación pode ser diferente, pero igual á túa. Ten paciencia e escoita porque temos moito que dicir.
● É importante que cedas o asento a persoas con trastornos motrices, porque poida que necesiten descansar máis que ti se tendes que estar de pé durante un tempo longo, por exemplo nun autobús.